Ruta del auga, Redondela

Chegando ao alto dos Valos, na estrada N-550 de camiño entre O Porriño e Redondela, se pode acceder a unha das rutas máis fermosas da comarca. A senda do auga reproduce o percorrido dunha antiga traída de augas que rodea o Concello de Redondela. A ruta completa parte da cidade de Vigo e termina no embalse do río Eiras, no concello de Pazos de Borbén.

Podémola dividir en tres tramos. O primeiro, no cal foi tomada a fotografía, vai dende Vigo ata o citado alto dos Valos. O segundo termina na estrada entre Redondela e Pazos de Borbén. Para coller o terceiro tramo deberemos subir pola estrada un lixeiro porto de montaña e, pasado o lugar de Amoedo, retomar a senda xa camiño do embalse de Eiras.

O camiño discorre por bosques, barrios, pontes e ladeiras; sempre a nivel. Toda unha recomendación se queredes dar un voltio en bicicleta e coller por un rato a Ría de Vigo coa vosa man.

Published in: on 16 de enero de 2011 at 23:51  Dejar un comentario  
Tags: , ,

Secuencia fer(m)rosa

Moi preto da ponte internacional de Tui-Valença, existe un lugar onde o ferrocarril toma dúas direccións en medio dunha paraxe de excepcional simetría e mimetismo. Velaí o paso do Trenhotel de Renfe rumbo a Barcelona, pouco tempo tras saíres da cidade de Vigo e previo paso pola estación de Guillarei, no concello de Tui.

Published in: on 20 de noviembre de 2010 at 23:59  Dejar un comentario  
Tags: , , ,